VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 20/21

Xa están a vosa disposición os vales de libros e material escolar para o vindeiro curso escolar. No taboleiro da entrada do colexio está exposta a listaxe provisional do número de libros que lle corresponde ao alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria. 

A semana que ven xa estará a vosa disposición a listaxe definitiva de libros por alumno/a.

*Por motivo de proteción de datos, non se pode publicar a listaxe na páxina web.