Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

CONTACONTOS NO CEIP DE QUIROGA:

O martes 27 de maio contamos no noso centro coa presenza dun contacontos mandado pola editorial Anaya. O seu nome é Iago López e representou o conto titulado "O aprendiz do home do saco", interactuando moi ben co alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria. Podes ver as fotos premendo na seguinte imaxe:

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

XOGO DA FROITA:

Presentación Día do Libro no CEIP de Quiroga

Neste curso 2013 - 2014, desde o Equipo da Biblioteca, promocionouse a lectura de cómics, coincidindo co 50 aniversario do nacemento de Mafalda. A encargada da Biblioteca, Ana Mª Núñez, encargouse de presentar as seguintes diapositivas a todo o alumnado de Educación Primaria:

CINE EN GALEGO 2014

Neste curso 2013 - 2014, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo da Biblioteca organizaron xornadas de cine en galego, quedando programadas do seguinte xeito:

- Educación Infantil (Xoves 24 de abril): Astérix e Cleopatra (Aula común de Infantil no CEIP de Quiroga)

- 1º ciclo Ed Primaria (Venres 25 de abril): El Cid, a lenda (aula de audiovisuais do CEIP de Quiroga)

Programa de radio: "O Eco do cole"

Programa de radio 2014: "O eco do cole".

Programa de radio "O Eco do cole 2014"

PLAN DIRECTOR- Navegación segura na Internet e acoso escolar

O xoves, 6 de marzo, recibimos no noso centro unha charla sobre a navegación segura na Internet e o Acoso Escolar. Dita charla foi impartida por persoal experto das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado. Esta actividade foi dirixida a alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut