Skip to Content

EXPLORANDO O XEOPARQUE. VISITA DO ALUMNADO DE 5º E 6º Á ALDEA DE A SEARA, ALVARIZA DE BUSTELO E FERVENZA E MUÍÑO DE VIEIROS

Seguimos explorando o Xeoparque Montañas de Courel. Nesta ocasión foron as alumnas e alumnos de quinto e sexto de primaria os que, acompañados de Carina, Ana e Javier; e, guiados maxistralmente por Ramón Vila, visitaron: o miradoiro e a alvariza de Bustelo, o miradoiro de A Golada, o Val de Visuña con entrada a unha cova, a aldea de A Seara, a fervenza de Vieiros e un muíño de mesmo lugar; tamén tiveron tempo de xogar aos bolos, adestrados por Roi de Vieiros. Foi unha xornada moi intensa na que tamén aprenderon a distinguir os distintos tipos de rochas do territorio: diabasa, pizarra, caliza, cuarcita... quedaron abraiados pola beleza agreste da fervenza de Vieiros e pola decoración navideña tan peculiar coa que os habitantes de A Seara decoraron a súa aldea. Día inesquecible para as nenas e os nenos grazas a Ramón Vila que deseñou a ruta e explicou os aspectos mais salientables da xeoloxía, etnografia e beleza do noso territorio.

Premendo na fotografía podedes acceder á galería de imaxes.

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut