Skip to Content

VISITA Á RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE QUIROGA

9 Abr 2019 16:53
Europe/Paris

Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria voluntarios da biblioteca visitaron a residencia de persoas maiores de Quiroga, onde leron contos e recitaron poesías compostas por eles ás persoas maiores que ali residen. Ao finalizar todos xuntos cantaron cancións típicas galegas. Sen dúbida foi unha gran experiencia para ambos colectivos. Tamén convidamos aos residentes a visitar a nosa biblioteca e a asistir ao festival de fin de curso. Repetiremos a experiencia!

 

Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut