Skip to Content

El mágico planeta de los instrumentos insólitos

12 Dec 2018 10:47
Europe/Paris

Na maña do 11 de decembro, 69 alumnos de terceiro a sexto de primaria viaxaron ata o Barco para asistir a un concerto titulado “ El mágico planeta de los instrumentos insólitos”.

O obxectivo principal deste divertido concerto didáctico, da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais, é que a rapazada emprenda unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española; trasmitíndolles valores sobre a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia do coñecemento das nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribeis da historia da música. A actividade foi organizada por Afundación de ABANCA.

Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut