Skip to Content

ALMORZOS SAUDÁBEIS

22 Maio 2018 11:01
Europe/Paris

Hoxe o colexio acolleu o programa Almorzos Saudábeis, enmarcado dentro do programa “Aliméntate ben” do Plan Proxecta, dirixido aos escolares de 5º e 6º de educación primaria e co que se busca fixar hábitos saudábeis na alimentación dos máis pequenos e mellorar a saúde bucodental do alumnado.
A actividade consistiu na elaboración e degustación de almorzos saudables no propio centro. Ao comezo, personal da Consellería de Sanidade impartiron unha breve charla informativa e motivadora sobre a importancia do almorzo e dunha dieta equilibrada para acadar un desenvolvemento san, e concluiron con outra charla sobre saúde bucodental e sobre técnicas de cepillado e lavado de mans.
A esta actividade asistiron tamén algúns pais e nais do alumnado, aos que queremos agradecer o interese demostrado pola actividade.

Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut