Skip to Content

CHARLA DE AIDA MENENDEZ SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

29 Nov 2017 16:41
Europe/Madrid

Hoxe contamos coa presenza na nosa biblioteca de Aida Menéndez Lorenzo, gran coñecedora e impulsora do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Aida Menendez Lorenzo é a presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e é autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Aida ofreceu aos alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria unha agradable e didáctica charla sobre o Camiño de Inverno. Esta actividade é unha máis das organizadas polo equipo de biblioteca, dentro do proxecto documental integrado (PDI) sobre o Camiño de Inverno, proxecto que se enmarca tamén na actuación sobre educación patrimonial do Plan Proxecta da Consellería e Educación.

Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut