Skip to Content

PERCORRIDO POLO CAMIÑO DE INVERNO (CASPEDRO - A ERMIDA) DO ALUMNADO DE 3º e 4º DE PRIMARIA

6 Nov 2017 16:18
Europe/Madrid

As alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de primaria acompañados polos seus mestres: Ana, Carina e Rafa, así como polo director dos museos de Quiroga, Ramón Vila Anca, fixeron hoxe un tramo do Camiño de inverno dentro do noso concello. Camiñaron dende Caspedro ata A Ermida, parando en Hospital, onde visitaron a igrexa de San Salvador. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Documental Integrado impulsado dende a biblioteca do centro, que leva por título: “Todos os camiños levan a Santiago... tamén o de Inverno”. Grazas de novo a Ramón Vila pola súa inestimable e desinteresada colaboración.

Enlace á galería fotográfica: https://photos.app.goo.gl/10B2RJdGSW7aYRNK2

 

Iniciar sesión

Comentarios

Enviar un comentario novo



story | by Dr. Radut