Skip to Content

O NOSO COLE

SITUACIÓN XEOGRÁFICA                                COMO CHEGAR

 

   O Concello de Quiroga está situado no ángulo sueste da provincia de Lugo, limitando nalgúns puntos coas provincias de León e Ourense, conta con preto do 50% do sistema montañoso da Serra do Caurel. Ten unha extensión de 317,4 km2,  distribuídos en 22 parroquias e 123 entidades singulares de poboación.

   Quiroga, limita ao norte con Folgoso do Caurel, ao sur con Ribas do Sil,  Poboa de Trives, ao leste coa Rúa e Vilamartín de Valdeorras e ao oeste coa Pobra de Brollón e Monforte de Lemos.

   Accédese a esta vila pola estrada N-120 (Vigo-Logroño), ou ben en tren seguindo a liña Palencia- A Coruña. Neste último caso, a estación de referencia é a de San Clodio-Quiroga. Ademáis hai outras vías secundarias que, atravesando o Caurel, enlazan coa N-VI  á altura de Pedrafrita do Cebreiro.

 

 

 

 

CONTORNO NATURAL

   A gran variedade xeográfica do termo municipal de Quiroga  permite contemplar diversas paisaxes, inmersas nun privilexiado marco natural.  Ao noroeste encontramos as máis altas elevacións, pertencentes todas a paraxe natural (Serra do Caurel), lugar de gran atractivo paisaxístico.  Ao sur atópanse amplos vales bañados polos ríos: Lor, Quiroga, Soldón e  Sil.

É de destacar un microclima especial de influencia mediterránea que caracteriza ao val, e outro de tipo atlántico na serra.

   Xa dentro da Serra do Caurel, no termo municipal de Quiroga, atopamos excepcionais paraxes naturais, polos que discorren espectaculares rutas de sendeirismo, que nos levan por antigos camiños, atravesando montes e devesas, seguindo o curso de cristalinos rios con impresionantes fervenzas. 

   Hai unha variedade de formacións vexetais: extensas formacións de castiñeiros, carballos, aciñeiras, piñeiros e sobreiras, coexistindo entre xarais, uceiras e queirugas; así pois, esta vexetación non presenta un carácter uniforme, froito evidente dun tipo de clima oceánico con rasgos mediterráneos.

   As especies animais características  da bisbarra localízanse fundamentalmente na zona norte e nordeste. Atopamos entre outras as seguintes especies: lobos, raposos, martas zibelinas, garduñas, xinetas, donicelas, gatos monteses e esquíos que se agochan nas mesmas montañas onde antano morou o oso das cavernas. Xabariles e corzos deambulan achegándose  ás veces a vila na procura de alimento. Coellos, lebres, perdices, así coma diferentes aves diurnas e nocturnas como a curuxa, bufo, moucho, azor, gabián, aguias reais e imperiais obsérvanse no municipio.

   A riqueza piscícola da extensa conca fluvial componse funadamentalmente de troitas, anguias, pencas, black-bases... Ademais o río Sil é un espazo natural para algunhas especies como o pato salvaxe, garza e londra.

   Climatoloxicamente, o municipio de Quiroga poderíase encadrar dentro do dominio oceánico-mediterráneo. As temperaturas, bastante elevadas, presentan uns máximos nos meses de xullo e agosto, con 19º de media estival; mentras que as mínimas corresponden ao mes de xaneiro, con 6' 7º; polo tanto, a oscilación térmica é de 13´1ºC. As precipitacións son baixas, arredor dos 1.000 mm./anuais, sendo a primavera é o outono-inverno as estacións máis chuviosas do ano.

 

FESTAS E TRADICIÓNS

   Os días 10 e 27 de cada mes celébranse as populares feiras. A feira do viño (coincidindo co domingo de Pascua), a feira do mel e do aceite son celebracións de carácter anual.

   Na nosa vila celébranse diversas festas: a do verán (no mes de agosto), a festa de San Bartolomé celebrada en Hospital que antano reunía os "enfeitizados e posesos" para ser sometidos aos exorcismos, panpórnigafesta na honra da Nosa Señora dos Remedios ( A Hermida), festa do San Martiño. meco 1945

   Nos festexos de A Hermida durante os días 8 e 9 de setembro confúndense o sagrado e o profano.

É típica desta romería a procesión da imaxe precedida por dous xigantes, popularmente coñecidos como "as Pampórnigas" e as máscaras do "Meco", personaxe fabulosa vestida de vermello e con certo aspecto de demo que rifa e agrede cun facho a quen ose desafialo.

 

 

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut