Skip to Content

A VIDRIEIRA DA IGREXA DE TORBEO

Os nosos alumnos e alumnas ademais de coñecer o trazado actual do Camiño de Inverno polo noso concello aprenderon sobre unha antiga opción que usaban os peregrinos que atravesaban a Ribeira Sacra de camiño a Compostela.

Os camiñantes percorrían o noso concello, cruzaban a Ribas de Sil e alá na aldea da Covela cruzaban o río Sil en barca. Ao seu paso deixaban atrás a Igrexa de Torbeo, un dos vestixios do románico na comarca.

Neste caso reinterpretaron a súa vidrieira. Mirade que ben lles quedou!

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut