Skip to Content

SINAIS NO CAMIÑO DE INVERNO

O alumnado de 1º e 2º dentro do Plan "Proxecta Vexo, veo Xacobeo" deseñaron uns sinais para poder colocar ao longo do traxecto do Camiño de Inverno polo noso concello. 

Foron usados, sobre lousas, materiais como plastilina, pintura, cunchas reais de vieira e un bolígrafo 3D. Ademáis o alumnado de 5° deseñou unha placa co nome do CEIP de Quiroga para creala na nosa impresora 3D e engadila aos sinais.
Despois entregáronse a algunhas casas e negocios da vila para que sexan colocados no percorrido.
Premede na imaxe para ver parte do proceso! Bo camiño!
 
 
 

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut