Skip to Content

Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga

O alumnado de 1º e 2º visitou o Museo Etnográfico de Quiroga onde puideron aprender moitas cousas sobre a cultura da nosa zona a través dos traballos e dos produtos da zona: o muíño de aceite, a pisa da Castaña, a pizarra ou o mel foron obxectivo do seu interese.

Tamén acabaron a visita pasando pola sala que exhibía os decorados da película "O apóstolo". Filme sobre o Camiño a Santiago creado en Stop Motion que usou a arquitectura da nosa zona coma base dos seus decorados.

Podedes premer na imaxe para ver algunhas das fotos da visita

 

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut