Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 22, 2018
Start: 22 Out 2018 15:20

Este venres pasado, día 19 de outubro, os alumnos de quinto e sexto tiveron a oportunidade de participar na rodaxe dunha película de exaltación do noso concello, que se desenvolveu no museo etnográfico de Quiroga. A actividade foi levada a cabo por Ana e Paulino da productora Némesis e foi financiada polo GDR Ribeira Sacra. Na película participou tamén o director do museo Ramón Vila.

Xoves Outubro 25, 2018
Start: 25 Out 2018 12:48

Os nenos de educación infantil aprenden dun xeito moi gráfico como se formaron as montañas de Courel. Sesión moi divertida coas súas profes Rocío, Uxía, Iria e Lupe.

Luns Outubro 29, 2018
Start: 29 Out 2018 15:20

Os alumnos de 1º e 2º de primaria e as mestras Ana, Sara e Alba visitaron o día 25 de outubro  diferentes zonas do Courel. Comezaron visitando a Rogueira Baixa, onde estiveron na Aula da Natureza de Moreda. Desprazáronse despois á Cova de Vellos, onde puideron apreciar as estalactitas e estalagmitas e onde Guillermo Díaz Aira lles explicou como se forma unha cova na rocha caliza.

Luns Novembro 05, 2018
Start: 5 Nov 2018 15:13

Os nenos de terceiro e cuarto, acompañados das súas mestras, Belén, Carina e Ángela, visitaron hoxe O Museo de Pepe das Pedras en Vilamartín, onde viron a súa colección de rochas, minerais e outras curiosidades. Despois achegáronse a Montefurado onde o arqueólogo Iván Álvarez Merayo explicoulles o procedemento que tradicionalmente se utilizaba para extraer ouro do río. Tamén visitaron o Túnel de Montefurado.

Luns Novembro 12, 2018

No mes de novembro o alumnado de infantil e primaria recibimos unha visita dende a clínica dental Dr. J. Pato II moi interesante para mellorar a nosa hixiene dental. Ademais tivemos un pequeno agasallo. Moitas grazas pola colaboración!

Mércores Novembro 14, 2018
Start: 14 Nov 2018 16:06

O pasado xoves día 8 celebramos o magosto, aínda que debido ao mal tempo tivo que ser dentro, pero disfrutamos moito igual. Así de ben o pasamos!!!

Xoves Novembro 15, 2018
Start: 15 Nov 2018 13:25

Os alumnos de primeiro e segundo visitaron as instalacións da almazara "Ouro de Quiroga" onde puideron observar o proceso de elaboración do aceite.

Venres Novembro 16, 2018
Start: 16 Nov 2018 12:47

Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron o museo xeolóxico e miradoiros do territorio do Xeoparque. Estiveron acompañados dos seus mestres, María José e Javier, así como do director dos museos de Quiroga, Ramon Vila, que, unha vez máis, transmitiu aos alumnos informacións moi interesantes sobre o noso territorio. O noso agradecemento pola súa desinteresada colaboración co noso colexio en tantas ocasións!

Distribuir contido


by Dr. Radut