Skip to Content

Taboleiro

COREOGRAFÍAS DE NADAL INDIVIDUALES

Aquí temos as coreografías individuais de todo o alumnado do colexio traballadas na clase de educación física co mestre Julián e coa colaboración dos titores, equipo de complementarias e tics. Espaeramos que vos guste.

3 ANOS

 

 

4 ANOS

 

 

5 ANOS

  

 

1º E 2º PRIMARIA

 

 

3º PRIMARIA

 

 

4º PRIMARIA

 

 

5º PRIMARIA

 

 

6º PRIMARIA

 

COREOGRAFÍAS DE NADAL

Todo o alumnado do cole estivo a traballar na área de ed. física, coa colaboración do Equipo de Complementarias e TICs, unhas coreografías navideñas, desexamos que vos gusten todas elas.

 

 

REVISTA DO CURSO

Xa recibichedes o exemplar en papel da revista deste curso, eiquí tendes a versión dixital da mesma:

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

O día 24 de febreiro cumprense 180 anos do nacemento da nosa mais representativa poetisa: Rosalía de Castro.

No noso centro, o alumnado de 6º, 5º e unha alumna de 4º fixeron unha lectura dalgúns dos seus poemas e nese día levouse a cabo a escoita pola megafonía do centro dunha pequena montaxe que preparou a mestra María de Infantil. Desexamos que vos guste este traballo tan chulo que fixeron posible o noso alumnado grazas ao traballo dos seus mestres.

Si queredes escoitar este traballo clicade embaixo.


13:58 minutes (31.97 MB)

ACTIVIDADE FINAL EDUCACIÓN FÍSICA 6º

Neste remate de curso, ao igual que en anos pasados, o alumnaodo de 6º preparou a seguinte actividade de acrosport coa profe Rosa.

 

O SAMAÍN

Estamos no tempo do Samaín, xa en Educación Infantil a profe Estíbaliz e os mestres Mina e Fran de Primaria nos contaron a historia e agora queren que aprendamos esta canción:

 

A QUINSA DO 25 ANIVERSARIO

No presente curso, como xa sabedes, celebramos no centro o 25 aniversario e é por iso que a nosa revista Quinsa tivo unha edición especial. Desexamos que vos guste e disculpade os erros que puidesemos ter cometido:

FESTA DA COCA do 2 ao 6 de xuño EN REDONDELA.


Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de cando  en vez chegaba á vila para levar a unha moza a súa cova. E o fixo varias veces, ata que os  mariñeiros máis novos se encheron de coraxe e  acordaron encararse ao monstruo.Despois dunha dura loita sairon victoriosos. Xa vencido o trouxeron para o pobo, ao mesmo tempo que liberaban ás mozas que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros, cando os valentes mariñeiros , colleron as espadas e empezaron a bailar arredor do  dragro morto"

A orixe desta manifestación pérdese na noite dos tempos.Non cabe dúbida que renace e se extende dende a Idade Media, pois non se trata mais que dunha representación plástica do Demo, típicamente cristiana, de feito semellante a como se viña facendo e representando na escultura e pintura, tanto románicas como góticas. 

O loitar un Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello, tanto que xa existía nas relixións antigas.

A primeira denominación que temos documentada e a de "coquetriz" ( Ourense 1437 ), que non é mais que un crocodrilo. No texto galego de Ourense non é mais que o dragón que ia na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida pois, que o nome ven do latín cocatrix ( crocodilo ), e que xa se atopa a mediados do século XV ( 1441 ) nun documento de Ourense tal e como se di agora : coqa e qoqa.

A Celebración

 
As penlas van vestidas de branco con ás de anxos

Para relembrar esta lenda ancestral, tódolos anos, no desfile do Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas:

  • A orixe da Danza das Espadas xa queda rexistrada o falar da Coca e as Penlas, pois foron os mariñeiros os que acabaron có fero e mítico Dragón, que ven a ser a representación plástica del Demo, xirando o redor del as dúas danzas. As primeiras novas que hai desta danza en Redondela datan do século XVI, no que o concello lle ordena ós gremios que asistan á procesión do corpus.
  • Pouco se sabe das Penlas redondelanas, tan só que chegaron ata os nosos días sin sufrir grandes cambios, excepto no referido á indumentaria. Actúan cos danzantes das espadas, formando un único conxunto  coreográfico. Ó largo dos anos foron sufrindo unha serie de modificacións, co que as penlas de hoxe en día teñen unha serie de diferencias coas de antaño.

Esta tradición converteuse nunha festa que dura varios días nos que hai un amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas. Tendo en conta os antecedentes, non sería de extrañar que esta representación diabólica fose coñecida dende moi antigo e que ó establecerse o Corpus empézanse a escenificala públicamente, o mesmo que outras historias e lendas relixiosas.

Temos unha pequena xoia literaria que nos ilustra a festa da Coca de Redondela, son os ben coñecidos BOLECHAS:

 

IMOS COÑECER GALICIA

Queremos que o noso alumnado teña a posibilidade de coñecer a súa Comunidade Autónoma.

Distribuir contido


by Dr. Radut