Skip to Content

Novas

QUINSA XXVIII

Este é o último número da revista QUINSA, un clásico para nós nestes momentos de fin de curso. Disfrutadeo

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO

No DOG do día 21 de maio de 2018 pubícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Deixamosvos tamén o enlace para a SOLICITUDE.

Calqueira dúbida chamádenos. Tendes eiquí un breve resumo:

ORDE DE 9 DE MAIO POLA QUE SE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2018-19

 

 

 

A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2018-19 levarase a cabo mediante tres procedementos:

 

a)     Axudas para a adquisición de libros de texto. Afecta a 1º, 2º de primaria. O sistema é similar ao das convocatorias anteriores, unha vez validadas as solicitudes a aplicación permite a xeración dun vale coa contía correspondente en función da renda per cápita familiar declarada (igual ou inferior a 9000€).

 

b)    Fondo solidario de libros de texto. Afecta a 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. O sistema permitirá a distribución dos libros existentes no fondo entre o alumnado en función da renda per cápita familiar declarada (igual ou inferior a 9000€).

 

c)     Axuda Material escolar  en función da renda per cápita familiar declarada ata 5.400€

 

 

 

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

            Todo o alumnado beneficiario de axudas no curso 2017-18 ten a obriga de devolver os libros no centro docente antes do 20 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de primaria.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2018/19

 

O procedemento de admisión está regulamentado por:

 

-           DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

-           ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

 

Os postos escolares ofertados para o curso académico 2018-19 son:

 

 

CURSO OU NIVEL

VACANTES

INFANTIL

4º INFANTIL

22+ 3NEAE

5º INFANTIL

21

6º INFANTIL

13

PRIMARIA

PRIMEIRO

7+3NEAE

SEGUNDO

13

TERCEIRO

8

CUARTO

6

QUINTO

8

SEXTO

7

 

 

 

 

 

Os prazos a ter en conta son:

 

 

 

-            Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

 

-            Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

 

 -            Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

 

 -            Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril

 

-            Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

-            Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.

 

 O noso centro atopase adscrito ao IES MENDIÑO de Redondela.

 

 

 

IMPORTANTE:

 

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta premisa determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada.

 

Documentación para a presentación

  • Solicitude segundo o Anexo I da Orde.
  • *Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso 2018/19 son os que se indican a continuación:
    - Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1).
    - Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

O día 24 de febreiro cumprense 180 anos do nacemento da nosa mais representativa poetisa: Rosalía de Castro.

No noso centro, o alumnado de 6º, 5º e unha alumna de 4º fixeron unha lectura dalgúns dos seus poemas e nese día levouse a cabo a escoita pola megafonía do centro dunha pequena montaxe que preparou a mestra María de Infantil. Desexamos que vos guste este traballo tan chulo que fixeron posible o noso alumnado grazas ao traballo dos seus mestres.

Si queredes escoitar este traballo clicade embaixo.


13:58 minutes (31.97 MB)

OS MAIOS NO COLE

O día 30 de abril celebramos OS MAIOS no noso cole, como se facía antaño para festexar a chegada da primaveira. Todos colaboramos na elaboración e posteriormente cada grupo interpretou o canto dos seus respectivos maios. Dicirvos que foi construído no tempo record de dúas horas, grazas ao labor dos grupos de 4º-5º e 6º de primaria e ao profesorado. Desexamos de verdade que vos guste:

 

Sá de espera para pais

No noso centro o equipo de biblioteca ven de crear un espazo para as nais e pais de alumnos. Este espazo persegue que dispoñades dun rincón agradable para poder esperar mentres acudides ao centro para calquera xestión, desexamos que disfrutedes da nosa idea:

Distribuir contido


by Dr. Radut