Skip to Content

VOLTA A RUTINA

Xa estamos de volta, e como sempre cheos de grandes ideas e novas aprendizaxes. A volta a rutina chegou acompañada de moito frío, e así o comprobamos no noso patio onde estaba todo xeado. Pero non por iso deixamos de gozar de ese gran momento de xogo libre onde deixamos voar a nosa imaxinación.

E como non podía ser doutro xeito, achegámonos as cores de inverno (azul, violeta e blanco) da man de Frozen. Gozamos moitísimo pintando libremente con pincel coas diferentes cores e creamos uns preciosos cadros de inverno.

Unha vez seco fixemos con xiz unhas fermosas folerpas de neve...

Como vedes a semana deu para moito, pero iso non foi todo, tamén atopamos novas propostas de aprendizaxe autónomo dentro dos nosos estantes.



book | by Dr. Radut