Skip to Content

Radio patio

PROGRAMA DOS DE 6º DE PRIMARIA

Emisión dos de 6º para nos falar dunha saída máis que interesante a ......


10:21 minutes (9.48 MB)

PROGRAMA DOS DE INFANTIL

Desexamos que disfrutedes coa nova emisión de Quintela FM, nesta ocasión a cargo dos peques do cole, os de infantil


2:23 minutes (2.18 MB)

PROGRAMA DOS DE 1º (15 DE FEBREIRO)

ESTA É A NOVA EMISIÓN DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º FALANDONOS DALGUNHA CURIOSIDADE DOS INSECTOS.


3:50 minutes (3.51 MB)

Emisión 2º Primaria

Segundo programa da nosa radio, emitido en directo o xoves 1 de febreiro.


8:16 minutes (7.56 MB)

1º Programa de Radio

Este é o primeiro programa de RADIO QUINTELA FM. Hoxe as alumnas e alumnos de 3 de primaria fan historia nas ondas de Redondela.

Tódolos xoves poderedes escoitar a nosa emisión nesta páxina, desexamos que disfrutedes coas nosas e nosos pequenas e pequenos redactores.


4:00 minutes (3.66 MB)

OS MAIOS NO COLE

O día 30 de abril celebramos OS MAIOS no noso cole, como se facía antaño para festexar a chegada da primaveira. Todos colaboramos na elaboración e posteriormente cada grupo interpretou o canto dos seus respectivos maios. Dicirvos que foi construído no tempo record de dúas horas, grazas ao labor dos grupos de 4º-5º e 6º de primaria e ao profesorado. Desexamos de verdade que vos guste:

 

ADIVIÑA

A que non sabedes como se chama este rapaz

de segundo curso?...

Moi ben, que listiños sodes!!!!!!!!!!!!!!

DEPORTES

Fin de semana deportivo para alumnos de segundo:

Adrían e Pablo, dous dos nosos,  participaron nun encontro deportivo nesta fin de semana. Quedaron de quintos na "Copa do Futuro". Parabéns!!!!!!!!!!!! 

A ver si os localizades...

 

O Noticiario de Segundo

O alumnado de segundo estivemos traballando as rimas na aula, e aproveitando, que se tomou como decisión do claustro: instaurar os mércores como día sin futbol no cole saíunos isto:

Os mércores en Quintela

non xogamos ao balón pé

isto ten moita tela

algún todavía non o cré.

 

O mestre díxonolo na clase,

que a partires do vindeiro

non había outro pase,

non xogarán nin os de primeiro.

 

Xogaremos á comba,

tamén ao baloncesto,

... pasarémolo bomba

deixando a pelota no cesto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut