Skip to Content

Complementarias

MAGOSTO 2014

Xa co Outono ben entrado e apesares do mal tempo reinante nestas últimas datas non puidemos renunciar á celebración do Magosto no presente curso. Vimonos na obriga de celebralo no recibidor do centro e tivemos que renunciar a ir ao monte, tal e como temos acostumado ao noso alumnado, nembargantes a festa quedounos ben lucida:

DÍA DA PAZ

Este ano imos interpretar a canción de Maldita Nerea "Hecho con tus sueños" e o noso alumnado, así como o Claustro de profes temos moitos sonos....

O MEL

O xoves 21 de febreiro visitaronnos da Denominación de Orixe de mel de Galiza para falarnos das abellas e do mel. Puidemos degustar o noso mel e tamén aprendemos como se extrae:

DESFILE ENTROIDO

O xoves 7 de febreiro desfilamos por Quintela até chegar a igrexa, para deleite de toda a parroquia. Como poderedes ver no video participaron bastantes nais e pais, desexamos que vos guste. Mirade a ver si aparecedes:

ENTROIDO

Onte xoves día 7 de febreiro tivo lugar no noso centro o desfile de entroido. Eiquí poñemosvos unha pequena montaxe dos grupos participantes:

CANCIÓN DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 de xaneiro conmemorase o Día da Paz en todo o mundo. No noso centro imos realizar diversas actividades, entre as que se atopa, interpretar por parte de todo o alumnado e profesorado do centro a canción de Macaco que vos presentamos a continuación (a elección da canción ten que ver coa auga elexido como tema transversal para as actividades do centro durante o presente curso 2012-13):

Saída ao monte

O luns día 29 de outubro saímos ao monte para poder ver como as castañas (patacas como se lle chama en moitas localidades galegas) saen dous seus ourizos e logo as degustamos no cole. Mirade e disfrutade co noso alumnado:

A QUINSA DO 25 ANIVERSARIO

No presente curso, como xa sabedes, celebramos no centro o 25 aniversario e é por iso que a nosa revista Quinsa tivo unha edición especial. Desexamos que vos guste e disculpade os erros que puidesemos ter cometido:

CELEBRAMOS O MAGOSTO O VENRES 28 DE OUTUBRO

SI PINCHADES NO DOCUMENTO ADXUNTO VEREDES O NOSO PROGRAMA PARA MAGOSTO 

HOMENAXE A UXIO NOVONEYRA

Merece a pena que empregudes este enlace para saber algo mais sobre o homenaxeado deste ano.

 NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

(A Branca-Petra do Courel)

Distribuir contido


by Dr. Radut