Skip to Content

Infantil

Infantil

SAMAÍN DOS DE 5 ANOS

Eiquí tendes o vídeo da celebración do Samaín dos peques de 5 anos ...

Actuación musical de Pako Pakolas

Que ven o pasamos con Pako Pakolas; Non paramos de bailar e desfrutar. Mirade, mirade...

Case, case de 1º de Primaria

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, fixeron a súa primeira visita á aula de 1º de Primaria. Fixeron un bonito cadro con diferentes debuxos, que quedou decorado na clase e levaron un agasallo de Xaquín, a mascota do cole. Ata setembro amiguiñ@s.

LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celébranse o día das Nosas Letras, e como non podía ser doutro xeito, no cole tamén o celebramos. Como dí a tradición, no colexio de Quintela, artellouse o Maratón das Letras Galegas. Este ano de xeito diferente pero non por iso menos emocionante.

Aquí tendes algunhas das probas que fomos superando para achegarnos a homenaxeada Xela Arias.

"TRALA PISTA DE XELA ARIAS"

"MOVEMENTO E EQUILIBRIO"

"XOGAMOS CO NOME DE XELA ARIAS"

"PESCA LITERARIA"

"DESCUBRIMOS O SEU RETRATO"

 

DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS

As pequenas e pequenos de Infantil coñecemos o conto DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS, o cal levounos de viaxe por diferentes lugares da nosa terra, Galicia, e tamén nos permitiu achegarnos aos números dun xeito divertido. Cunha recta numérica da que íamos descontando gatiñas e cun pequeno Robot, que nos achegou a programación.

Como colofón final coñecemos a súa autora Eva Mejuto.

OS MAIOS

Como non podería ser doutro xeito, e ainda que este ano non se celebraban Os Maios na nosa vila, no colexio de Quintela si quixemos celebralos. Foi unha actividade que nos encantou e coa que gozamos enormente.

Distribuir contido


by Dr. Radut