A partir do día 1 de marzo, e ata o 20 de ese mesmo mes, ábrese o prazo de admisión do alumnado para o curso escolar 2024-25. Durante o mes de febreiro e marzo teremos xornadas de portas abertas, para que veñades coñecer o noso centro.
Este ano dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos fomentar a nosa lingua a través da cultura popular. Neste caso buscando refráns e ditos do noso folclore. Comezamos con refráns do mes de xaneiro que prepararon os nenos/as de 4º de primaria.
O CEIP PLURILINGÜE QUINTELA participa no programa do FOGGA de reparto de froita fresca e leite nos centros escolares, un programa que pretende que o alumnado adquira hábitos alimentarios saudables. Comezamos este luns, 22 de xaneiro co reparto de froita fresca ao alumnado na hora da merenda.