Actividades

PLAN DIRECTOR: CHARLAS FORMATIVAS/INFORMATIVAS

 
 
DURANTE O 2º TRIMESTRE OS ALUMNOS DE 5º E 6º ESTÁN A RECIBIR UNHAS CHARLAS QUE FORMAN PARTE DO Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.
Trátase de charlas impartidas por persoas expertas  das Forzas e Corpos Seguridade do Estado

PARTICIPAMOS EN ARTELIXO

  DO 16 AO 22 DE ABRIL

                 " Artelixo enche as rúas de Redondela de esculturas de material de desfeita"                                       

 

PREME NA IMAX E PARA VER AS OBRAS EXPOSTAS

Preparando a Festa dos MAIOS

 NOTA PARA AS FAMILIAS PARA COLABORAR NA PREPARACIÓN DA FESTA DOS MAIOS NO COLEXIO

RECURSOS PARA SABER MÁIS
 
* RECURSOS 1 (PREME AQUÍ)
 
RECURSOS DENDE O BLOGUE DE EDLG (PREME AQUÍ)
 
DESCUBRE A FESTA CON ESTE LIM DO CEIP REBORDÁNS
Resultado de imagen de LIM OS MAIOS

CHARLA: Acoso Escolar e Riscos en Internet

 

 CHARLAS: ACOSO ESCOLAR E RISCOS EN INETRNET

 

Dende o inicio do curso, o profesorado do centro, mostrou interese por traballar estes temas nas aulas para a súa prevención. Así que, puxémonos mans á obra!.

Este tipo de charlas forman parte do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

 

Unha vez realizada a solicitude, concedéronnos ditas charlas para o noso alumnado de 5º e 6º (estes son os cursos a partir das cales se imparten nos centros educativos de Ed. Primaria) no mes de decembro, en dous días: o 13 e 14 de decembro. Ditas charlas, foron impartidas polo Inspector Luis Alberto Luaces Bustabad, Delegado de Participación Ciudadá da Comisaría Local de Vigo-Redondela.

 

Despois, tocábanos ao resto do profesorado do centro e as familias. Así que, o martes 17 de xaneiro, asistimos a charla no salón de actos. Nela, abordouse  o problema do Acoso Escolar dende todos os puntos de vista: o da vítima, o do agresor, o dos espectadores e o dos pais e nais dos alumnos. Tamén falou da supervisión do que fan os nosos fillos/as en internet,os perigos dos chats,redes sociais, e uso do teléfono móbil.

As familias e os profesores quedaron encantados pola clara e sinxela exposición do Sr.Inspector,sempre amable e moi didáctico.

Dámoslle as grazas a tódalas familias asistentes á charla e,por suposto,o Sr.Inspector de Policía que tivo tanta amabilidade para connosco.

 

BRINCA VAI! EN REDONDELA

                                   

                                 ACTIVIDADE PARA AS FAMILIAS,
                ANÍMATE A IR E CANTAR CON PACO NOGUEIRAS                       
  Moi boas! Meu nome é Paco Nogueiras e compráceme convidar a todas as familias, mestres e nen@s ao espectáculo Brinca Vai! de aquí a acolá que se celebrará este domingo día 14 de novembro na Multiusos Piñeiral do Crego ás 18:30h. dentro do programa de dinamización lingüística FALAREDES que leva a cabo a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

 

Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

 

Agardo que queirades brincar comigo este venres!

 

HAI ALGUNHAS CANCIÓNS QUE XA COÑECEMOS: "NO SAMAÍN". "O RAP DO MAGOSTO" E BRINCA VAI 

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN

PROGRAMA ENTROIDO 2012-2013

NADAL 2012. FELICITACIÓNS DE NADAL

 

  

 
 

FELICITACIÓNS DE NADAL PARA AS SÚAS FAMILIAS ELABORADAS POR ALUMNOS DO COLEXIO

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012-2013

 

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011-2012

Powered by Drupal - Design by artinet