CHARLA: Acoso Escolar e Riscos en Internet

 

 CHARLAS: ACOSO ESCOLAR E RISCOS EN INETRNET

 

Dende o inicio do curso, o profesorado do centro, mostrou interese por traballar estes temas nas aulas para a súa prevención. Así que, puxémonos mans á obra!.

Este tipo de charlas forman parte do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

 

Unha vez realizada a solicitude, concedéronnos ditas charlas para o noso alumnado de 5º e 6º (estes son os cursos a partir das cales se imparten nos centros educativos de Ed. Primaria) no mes de decembro, en dous días: o 13 e 14 de decembro. Ditas charlas, foron impartidas polo Inspector Luis Alberto Luaces Bustabad, Delegado de Participación Ciudadá da Comisaría Local de Vigo-Redondela.

 

Despois, tocábanos ao resto do profesorado do centro e as familias. Así que, o martes 17 de xaneiro, asistimos a charla no salón de actos. Nela, abordouse  o problema do Acoso Escolar dende todos os puntos de vista: o da vítima, o do agresor, o dos espectadores e o dos pais e nais dos alumnos. Tamén falou da supervisión do que fan os nosos fillos/as en internet,os perigos dos chats,redes sociais, e uso do teléfono móbil.

As familias e os profesores quedaron encantados pola clara e sinxela exposición do Sr.Inspector,sempre amable e moi didáctico.

Dámoslle as grazas a tódalas familias asistentes á charla e,por suposto,o Sr.Inspector de Policía que tivo tanta amabilidade para connosco.

 

Powered by Drupal - Design by artinet