Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021

CONSURSO POSTAIS NADAL 2021

Lectura de contos por 6° E.P.

Durante a semana de Samaín os nenos e nenas de 6° E.P. prepararon varias lecturas de contos. Para que todos poidamos disfrutar deles deixámosvos aquí abaixo os seus vídeos. Premede nas imaxes para ir a cada conto. Esperamos que vos gusten!

 

 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA.

Aquí vos deixamos o conto máis fermoso de Carvalho Calero: "As pitas baixo a choiva".

Se premedes na imaxe atoparedes, ademais do propio conto, cancións e diversas actividades!

Desfrutádeo!!

PASAPAPALABRA: Ricardo Carvahlo Calero

Lémbraste do Pasapalabra sobre Rosalía de Castro????

Pois hoxe propoñémosche un sobre Carvalho Calero. 

Preme na imaxe para comezar!!

Xogo Escapismo Letras Galegas

Como o prometido é débeda, aquí vos deixamos o xogo de escapismo para os máis peques!!

Deberás ir resolvendo retos sobre o homenaxeado deste ano. Con cada proba superada, obterás un número que deberás ir anotando. Xa que con todos eles terás o CÓDIGO SEGREDO final!!

Preme sobre a imaxe e comezarás o xogo!Moita sorte!!

Letras Galegas Genially

Hoxe propoñémosvos, aos máis maiores, un xogo de escapismo sobre Ricardo Carvalho Calero! Entrarás na misteriosa casa do autor e deberás pasar diferentes probas. Segundo vaias avanzando, obterás un número que deberás ir anotando, xa que con todos conformarás o contrasinal final! Con este contrasinal poderás abrir o maletín que descobre o misterio!!!

Pincha sobre a imaxe e sorte na túa aventura!!

 

Mañá, estade atentos! Propoñeremos outro xogo de escapismo para os máis pequenos!

Semana das Letras Galegas

Este ano, adicamos o Día das Letras Galegas ao escritor e mestre; Ricardo Carvalho Calero. Para coñecer a súa vida e obra, podes descargar as actividades.Pinchade na imaxe para ver as actividades.

Son actividades sinxelas e adaptadas a todas as idades!

Facéndoas, ademais de aprender sobre o autor homenaxeado, poderás divertirte! Xa que hai: sopas de letras, crucigramas, crebacabezas, imaxes para atopar as diferenzas...

Estate atent@ esta semana á web, porque propoñeremos máis actividades para celebrar o 17 de maio: o día das Nosas Letras!!!!

Aulas Galegas

O equipo dinamización da lingua galega do centro recomenda a páxina Aulas Galegas onde podedes atopar recursos para pasar estes días en galego. Os recursos estan ordenados por nivel. Tedes na imaxe a ligazón.

NADAL 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut