Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

Novo curso escolar

O próximo mércores día 11 comeza o novo curso escolar en horario normal ( 9:15-14:15) con comedor escolar.

Recordamos que podedes recoller os cheques dos libros e do material escolar na secretaría do centro de 9 a 14.

GRADUACIÓN PONDALIÑOS (PROMOCIÓN 2016-2019)

O pasado mércores 12 de xuño celebramos no colexio a graduación das nenas e nenos de 5 anos.

Foi tan emotiva como divertida!!!

Premede nas imaxes para ver a graduación dos "Pondaliños".

 

FESTIVAL P de PONDAL III

A BÚSQUEDA DO TESOURO

Desde o equipo de biblioteca do centro, propúxoselle ao alumnado de infantil un reto: acompañar á pirata Susana na búsqueda dun tesouro moi especial....

un conto para cada aula!!!

VISITA A NATURMAZ

O venres 31 de maio, @s peques do Eduardo Pondal fomos de excursión de fin de curso a Naturmaz, en Mazaricos.

Alí fixemos un montón de actividades: mostramos ás nosas destrezas na xincana, coidamos aos animais da granxa escola, visitamos o angar dos avións e plantamos.

Foi unha saída moi divertida!!!

Dividíronnos en dous grupos, 3 e 4 anos por un lado, e 5 por outro, así que vos deixamos dous vídeos para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos!!!

 

 

 

TALLER DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

O alumnado de sexto está participando nun programa de técnicas de

estudo que ten como obxecto mellorar a eficacia académica. A través de

teoría e práctica coñecen diferentes estratexias para aplicar no remate

do curso e durante a etapa de Educación Secundaria.

Compartimos a presentación empregada na aula.

https://issuu.com/erica.opardo/docs/t_cnicas_de_estudo.pptx

Festiciencia

No mes de maio algúns dos membros do Club de Ciencias do Pondal participaron, xunto con outras compañeiras e compañeiros de centros da contorna, no Festiciencia celebrado no Couto.

Levaron catro experiencias para mostrarlle aos visitantes: lámpara de lava, inflar un globo sen soplarlle, arco iris de densidades e holograma.

Ademais de expoñer os seus coñecementos, tiveron tempo de visitar as demais exposicións, e polo que se ve nas seguintes fotos, parece que se divertiron!!!

Premede na imaxe...

FESTILETRAS 2019 - EDUACIÓN INFANTIL

O pasado mércores 15 de maio visitamos a aldea do Couto para desfrutar de xogos tradicionais galegos e da actuación de Paco Nogueiras e a súa "Radio Bule Bule".

Premede na seguinte imaxe... Esperamos que vos guste!

LETRAS GALEGAS 2019

Aquí vos deixamos a exposición que o alumnado e as familias do CEIP Eduardo Pondal fixeron sobre as romarías e santurarios da nosa...

GALICIA MÁXICA.

IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade

O IV Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade terá lugar ao longo deste ano 2019 en diversos concellos da Costa da Morte. Convídase a familiares e profesionais de educación.

Aquí vos deixamos un cartel coas datas e lugares onde se realizará.

Distribuir contido


by Dr. Radut