Skip to Content

Xornada de portas abertas

O CEIP EDUARDO PONDAL, celebra o vindeiro 13 DE MARZO ás 9:45 unha Xornada de Portas abertas para que todo o alumnado procedente da ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL visite a nosa escola.O período de solicitude e admisión para o vindeiro curso vai do 1 ao 20 de marzo.

A finalidade principal é que os nenos/as e as súas familias tomen un primeiro contacto co novo centro educativo, coñezan as instalacións e os seus servizos.

 Así mesmo todas aquelas dúbidas que xurdan poderán ser resoltas.

 

 Aproveitamos para convidar a pais/nais e profesores/as dos alumnos/as así como ao resto das familias que queiran escolarizar aos seu fillos/as no noso centro.



page | by Dr. Radut