Skip to Content

Reserva de praza nos centros de Secundaria

O día 1 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza nos centros de secundaria. Para poder facer a reserva da praza dos vosos fillos e fillas podedes presentar o formulario que se adxunta debidamente cuberto e asinado no noso centro ( podedes envialo polos nenos e nenas).  Podedes tamén realizar este tramite a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ entrando en solicitudes-solicitudes de reserva-crear solicitude de reserva. Se o facedes así deberedes imprimir a solicitude e presentala no centro ou en calquera rexistro oficial da Xunta de Galicia.

A data de presentación das solicitudes vai do 1 ao 15 de febreiro.

 

Se tedes algunha dúbida non dudes en consultala con nós

Un saúdo e gracias pola vosa colaboración.

A secretaria



page | by Dr. Radut