Skip to Content

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

      O Departamento de Orientación traballa na procura dunha educación de calidade para todo o alumnado, baseándose no principio de equidade e modificando a idea de que a atención á diversidade responde ás necesidades dunha parte dos alumnos para pasar a ser necesidades de todos en todas as etapas educativas. Esta é a idea base dende a que se propoñen os obxectivos deste Departamento de Orientación e afecta a todo o conxunto da comunidade educativa.

COMPOSICIÓN

- Coordinador/a de infantil e primeiro ciclo.

- Coordinador/a de segundo ciclo.

- Coordinador/a de terceiro ciclo.

- Mestra especialista en pedagoxía terapéutica.

- Mestra especialista en audición e linguaxe.

- Xefa do departamento: Orientadora.


ADSCRICIÓNS

     O noso Centro está adscrito o IES de Ponteceso, ao mesmo tempo que recibe alumnado do CRA Nosa Señora do Faro, isto significa que debemos coordinarnos para que a transción do alumnado duns centros a outros sexa o máis levadeiro posible, e teñan un total coñecemento dos cambios que se producirán chegado o momento.

     Así mesmo esta coordinación servirá para recibir información sobre os nenos que imos acoller ou facilitar a información dos que van a abandoar o centro.

 

OBXECTIVOS:

- Asesorar e coordinar a implantación das medidas de atención á diversidade que pasan pola prevención temperá das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica dos apoios e reforzos oportunos en tempo e forma.


- Propoñer actuacións que promovan unha maior participación e implicación das familias na vida do centro e na educación dos seus fillos.

- Colaborar cos titores/as na implementación do Plan de Acción Titorial (PAT), facendo maior fincapé nos contidos relacionados coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre homes e mulleres, sobre todo no que á orientación vocacional e profesional se refire.

- Indagar sobre o nivel do alumnado en competencias clave como: comprensión lectora, linguas estranxeiras e matemáticas para valorar a necesidade de elaborar algún plan para mellorar o rendemento do alumnado nelas.

 - Facilitarlle ó alumnado e as súas familias o apoio e asesoramento para afrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como poden ser: o ingreso no centro, o cambio de ciclo, etapa....

- No caso do alumnado estranxeiro, procurar a súa integración escolar, respectando a diversidade socio cultural dos países de procedencia.

- Continuar dotando o departamento de materiais.


ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

  • Atención á diversidade:

          - Facer informes psicopedagóxicos e realizar seguimentos dos existentes.

          - Asesorar ao equipo educativo do alumno/a na elaboración das Adaptacións Curriculares (AC) e Reforzos Educativos (RE) que sexan necesarios.

          - Facer seguimentos dos alumos con necesidades específicas de apoio educativo.

         - Informar aos pais da evolución dos seus fillos.


  • Proceso de ensinanza aprendizaxe:

       - Colaborar co profesorado na atención á diversidade do alumnado para así mellorar o proceso de ensinanza – aprendizaxe.

       - Deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

         - Deseñar accións encamiñadas a atención temperá e á prevención de dificultades.

       - Manter informados aos pais sobre aquelas cuestións máis relacionadas co proceso madurativo e de ensinanza – aprendizaxe dos seus fillos/as, sempre que así o demanden.


  • Plan de acción titorial:

      - Facer unha detección de necesidades.

      - Decidir cales serán as accións prioritarias para o curso.

     - Atender as demandas dos titores/as sobre asuntos relacionados co grupo.

     - Elaborar informes temas puntuais.

     - Facer seguimentos das enquisas de avaliación inicial de Educación infantil de 3 anos.

    - Facilitarlle ao alumnado o apoio e asesoramento necesarios para enfrontar distintos momentos de transición.


  • Reunións con outras institucións:

      - Colaborar cos membros do Equipo de Orientación Específico (EOE)

    - Contactar con diferentes organismos ou axentes sociais como: Asistenta Social, Educadora familiar, Médicos (pediatra, oculistas, foniatras,...), Materno infantil, Saúde mental, Guardia Civíl, Policía, Centro de formación e recursos.

 

CONTACTAR

Para poñerse en contacto coa orientadora: 

     881.880.936


 



page | by Dr. Radut