Programa de Radio nº 58 CEIP de Pazos de Reis “Poemas birollos para ler cos ollos e o meu gato é un poeta”
AUTOR: Fran Alonso
ILUSTRADOR: Fran Alonso
EDITORIAL: Xerais
“Poemas birollos para ler cos ollos” é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.
“O meu gato é un poeta” é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial.
- Genre: Blues
- Length: 8:01 minutes (7.34 MB)
- Formato: MP3 Stereo 44kHz 128Kbps (CBR)
- Download audio file
- 137 downloads
- 10 plays