Skip to Content

Obradoiros de Permacultura

Neste primeiro trimestre, o alumnado de primaria participou nuns obradoiros de permacultura.

Pero, que é a permacultura?

A permacultura é un sistema de principios de deseño agrícola e social focalizados na simulación ou directamente no uso de padróns e características observados no ecosistema natural (David Holmgren e Bill Mollison, 1978)

A verba "permacultura" alude a agricultura permanente, pero pasou tamén a equivaler a cultura permanente, xa que se entende que os aspectos sociais son unha parte conformante dun sistema verdadeiramente sostible .

A permacultura é unha filosofía de traballar con, e non contra a natureza; de observación prolongada e ben meditada, en vez dun labor longo e desconsiderado; e de observar todas e cada unha das funcións propias das plantas e dos animais, en lugar de tratar calquera área como un sistema de produción única (Mollison).

 

Os doce principios da Permacultura, segundo David Holmgren (2002), son:

  1. Observar e interactuar.
  2. Adquirir e almacenar enerxía.
  3. Obter un rendemento.
  4. Aplicar autorregulación e aceptar retroalimentación (Feedback).
  5. Usar e valorar fontes renovables e servizos.
  6. Non producir residuos.
  7. Deseñar dende os patróns cara os detalles.
  8. Integrar en lugar de segregar.
  9. Efectuar solucións pequenas e lentas.
  10. Usar e valorar a diversidade.
  11. Usar bordos e estimar o marxinal.
  12. Utilizar e responder ao cambio creativamente.

Fonte: Wikipedia.

Clicando na seguinte imaxe podes acceder ao álbum de fotos dos obradoiros.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros de permacultura


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

album | by Dr. Radut