O DÍA DA BIBLIOTECA

    O 22 de outubro celebrábase o día das bibliotecas e non quixemos deixar pasar o día sen facer unha pequena actividade. Todos os cursos do centro pasaron pola biblioteca para recordar as normas de uso da biblioteca, para coñecer un pouco mellor o seu funcionamento, recordarnos que temos a biblioteca a nosa disposición, para ler libros nos recreos, consultar información para os nosos traballos e coller libros prestados para levar para os nosos fogares. Cada curso ten un recreo asinado para ir e coller algún libro en préstamos, pero iso non quita que se lemos o que levamos, non poidamos pasarnos por alí calquera outro día para devolvelo e coller outro que nos guste.  

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet