Biblioteca

CAIXA DOS CONTOS

Cada aula ten unha "caixa dos contos" con libros da biblioteca de centro. Cada mes, os/as titores/as van a cambialos por outros títulos, e así o alumnado vai tendo novos recursos dos que facer uso na súa aula a diario.

Aquí podemos ver, con estas alumnas de educación infantil, como aproveitan este recurso na aula.

CONCURSO DE RELATO CURTO CONVOCADO POLA BIBLIOTECA

Está aberto o concurso de relato curto que convocou a biblioteca. Aos e ás peques xa llo comentei e xa lles amosei o cartel, pero como seguro que xa se esqueceron, póñovolo tamén por aquí por se lles queredes axudar a participar. Sería xenial. 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS 1

Na primeira sesión de formación de usuarios, cada aula do colexio tivo:

- Un pdf con imaxes da biblioteca para refrescar como era e ver a súa distribución.

- O protocolo para poder acceder a ela.

- A nosa CDU acompañada de adiviñas que describían un tipo de libro e o alumnado tiña que saber en que sección se tiña que buscar.

- Un conto coas normas.

- Un modelo de carné de biblioteca para que cada alumno/a fixese o seu.

Aquí vemos o alumnado de 1º traballando con toda esa información:

 

ENTRADA DE MICRORRELATOS ACTUALIZADA

Bo día familias, AQUÍ queda o libro de relatos que fixestes entre todos/as. Xa engadimos os relatos que faltaban. Desculpade as molestias. Grazas pola vosa implicación no reto literario

 

Os nosos microrrelatos

Bo día familias, aquí queda o libro de relatos que fixestes entre todos/as. Xa engadimos os relatos que faltaban.

Desculpade as molestias.

Grazas pola vosa implicación no reto literario!  

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA TODAS AS IDADES

Dende o Equipo de Bibliotecas deixámosvos aquí unhas recomendacións lectora para este tempo de confinamento.

Agardamos que vos gusten e gocedes coa lectura!

 

PICA NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

DENDE A BIBLIOTECA QUEREMOS RECOMENDARVOS UNS LIBROS DE LECTURA PARA TODAS AS IDADES. PARA VER AS RECOMENDACIÓNS PICADE AQUÍ

RETO: ESCRIBE UN MICRORRELATO

 

PICA NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE

Powered by Drupal - Design by artinet