Skip to Content

Periodo de admisión

O prazo de solicitude de admisión do curso 2016/17 remata o día 29 de marzo.

Easter egg hunting

Onte tivemos a búsqueda dos ovos de Pascua cos alumnos de infantil. Pasárono xenial. Ide o blogue de inglés para poder ver os vídeos e máis as fotos.

Mai Lua

Cantar e bailar

8 de marzo: dia da muller traballadora

Mañá celebraremos o día da muller traballadora.

Aquí vos deixamos un enlace para que vexades o grande número de mulleres galegas importantes coas que contamos e dende tódolos ámbitos: científico, relixioso, cultural,etc.

Tamén vos recordamos que no blogue da nosa biblioteca temos varios enlaces con xogos para os nos@s alumn@s.

Esperamos que vos gusten.

En infantil e primeiro curso tiveron unha homenaxe especial neste día. Os primeiros fixeron uns debuxos sobre as mulleres máis importantes das súas vidas, mentres os segundos fixéronlle una carta a unha muller traballadora que fose un exemplo para eles.

Este foron os resultados.

Concerto Escola Municipal de Música Tradicional

Hoxe os alumnos de primaria fumos a un concerto de música tradicional ao Auditorio do Concello.

Excursión A Coruña

 
Esperemos que vos gusten as fotos que fixemos. Tamén vos deixamos uns vídeos onde aparecen os voos dos nosos helicópteros.
 

Celebración do día de Rosalia

 
Aquí estan unhas fotos dos murais que fixemos pola celebración do día de Rosalía de Castro. Tamén cantamos a canción de "Adeus ríos, adeus fontes" de Amancio Prada.
Rosalía - Kizoa Movie Maker

Dia de Rosalía

Manán , día 24 de febreiro, conmemórase o día de Rosalía.

No blogue da biblioteca publicamos uns cantos poemas e exercicios para coñecer máis sobre a nosa poetisa máis universal.

Convidámosvos a desfrutar deles.

 

Saída educativa a Coruña

O próximo día 26 de febreiro iremos a Coruña a visitar dous dos seus museos: o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía e o Aquarium Finisterrae.

 O primeiro deles, inaugurado no 2012, será a nosa primeira parada. Aquí vos deixamos un vídeo para collecelo algo máis

 

 Este outro está feito por Paulo Santos.

 

Tamén compartimos este vídeo, feito por Dani Couso.

 

E agora a esperar ao gran día!

Distribuir contido


by Dr. Radut