PRANTAMOS REPOLOS NO NOSO HORTO

Despois de preparar a terra chegou o día de prantar. Para axudarnos contamos coa axuda de Manuel Lorenzo que estivo fai moito moito tempo traballando no colexio e que agora xubilidado volve ao colexio a botarnos unha man. Ten dous bisnetos Saúl e Estela. Máis fotos na sección de galería pinchando horto.

FRAN ALONSO NO NOSO COLE

Hoxe visitounos Fran Alonso. Foi divirtidísimo ver como contaba as súas historias e como explicaba os seus poemas.  Nótase que é un escritor con vocación ponlle moito entusiasmo no seu traballo. Atendeu con paciencia as miles de preguntas que lle fixeron... encantadísimos coa súa visita.

CELEBRAMOS O THANKSGIVING DAY

O noso auxiliar de conversa americano Joseph ensinounos a celebración que fan o cuarto xoves de Novembro en todos os Estados Unidos. Chámase o Thanksgiving Day e que é unha forma de agradecemento por todo canto temos e que moitas veces non lle prestamos a debida atención: a familia, unha comida sempre no prato, a amizade...

PARTICIPAMOS NO FARO DA ESCOLA

Este ano participamos no Faro da Escola. Temos cinco meses para redactar o noso xornal. Por as novas máis importantes, escribir e escribir ata encher o noso xornal. Estamos moi ilusionados. Hoxe viñeron dos xornalistas do Faro de Vigo a explicarnos como temos que facer. Comenzamos xa!.

CONCERTO DO ALUMNADO DO PARAIXAL

Todo o alumnado que tocaba un instrumento ou simplemente tiña un instrumento na casa trouxémolos ao colexio e fixemos unha presentación dos distintos instrumentos e tamén unha demostración do seu son e un pequeniño concerto. O éxito foi absoluto. Houbo unha participación altísima. Todos estaban moi entregados e o público moi agradecido. Podedes ver todas as fotos na sección da Galería. Para o ano que vén máis e mellor.

UXÍA GONZÁLEZ GAÑA O 1º PREMIO "CÍES O PARAÍSO DE TODOS"

 A nosa Uxía González de 2º de Primaria acada o 1º Premio do Concurso " Cíes paraíso de todos" organizado polo Concello de Vigo.Presentáronse máis de mil debuxos e poesías e a nosa Uxía acadou o 1º posto. O premio foille entregado o día 9 de Novembro no Auditorio Mar de Vigo. Parabéns para a nosa Uxía estamos orgullosísimos. 

 

 

COMENZAMOS O NOSO XARDÍN VERTICAL

Dentro do proxecto do Horto que temos para este ano, non só imos prantar e coidar a nosa horta senón que tamén imos decorar, protexer o noso colexio con prantas. Para iso imos crear un xardín vertical na entrada do colexio empregando material de refugaxo. Xa comenzamos coa primeira fase onde cada neno e nena elixiu unha pranta que levará o seu nome. Máis fotos na sección da galería.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

o Venres 10 de Novembro celebramos no colexio o Magosto. Fixemos xogos populares, cantamos cantigas e sobre todo comemos e comemos castañas. Máis fotos na galería.

COMENZAMOS CO HORTO

Por fin podemos dicir que comenzamos co horto. Agora estamos na fase de oxixenar a terriña, limpar as herbas e facer a sinalización. Estamos moi ilusionados co noso proxecto onde non soio colaboramos todo o alumnado do centro senón tamén veñen os avós a darnos sabios consellos e a orientarnos no noso traballo. Estamos encantados de ter ós avós no colexio. Mirade como traballamos, podedes ver máis imaxes na sección da galería.

Pepe Carreiro

A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Chegou ao noso colexio Pepe Carreiro. Foi fantástico poder ver como debuxaba aos protagonistas dos Bolechas, como daba consellos á hora de debuxar, como contestou con paciencia a todas as preguntas e  firmou exemplares a cada un dos nenos e nenas que trouxeron libros del.Tamén nos firmou exemplares para a nosa Biblioteca e o xornal Papagaio onde el colabora. Podedes ver máis fotos na sección da galeria.

Powered by Drupal - Design by artinet