GAÑADORES CONCURSO DEBUXO HOSPITAL VITHAS -FÁTIMA.

Outro ano máis damos a noraboa aos alumnos : Daniela Rodriguez,Estela Rodriguez, Lucas Nievas e Angela Vilar como gañadores do concurso a favor da lactancia materna promovido polo Hospital Vithas-Fátima .

No acto disfrutaron da actuación do pallaso Popín e da entrega de agasallos.

¡¡¡¡ Noraboa a todos!!!!

               

Visita a ARVI

O martes 11 os rapaces de 4º, 5º e 6º visitamos o porto de Vigo e nos explicaron moitas cousas relacionadas coa pesca.

 

BLOG 1º 2º

Dende hoxe está operativo o blog de primeiro e segundo. Está pensado para dar novas sobre as actividades dos rapaces e para ofertar unhos recursos que se poden facer dende a casa para reforzar as materias dadas en clase.

MAGOSTO 2014

O venres 7 celebramos o magosto no colexio. Despois do recreo participamos en varios xogos axudados polo rapaces de 6º e5º. Cando rematamos disfrutamos das castañas feitas por Jose. As fotos podedes velas no seguinte ENLACE e no blog de 1º e 2º

O NOSO HORTO

Os alumnos de 3º e 4º, en clase de relixión, decidimos rematar o tema da Creación coa realización da nosa propia..."O Noso Horto".

Para poder plantar coliflores, rabanitos e leituga contamos coa axuda de Jose,o conserxe. ¡Moitas grazas!!!

Todos os alumnos do colexio están invitados a coidalo,pero a responsabilidade é dos nen@s de 3º e 4º. Esperamos que dentro duns meses poidamos recolle os froitos do noso traballo.

A continuación podedes ver os primeiros traballos. Aos poucos colgaremos o progreso da nosa plantación.

 

 

Festa de Samaín

Este xoves 30 de outubro  tivemos a festa de Samaín no centro. Pasámolo moi ben ainda que algún neno case morre de medo cos disfraces dos compañeiros. Despois do recreo limos os contos e debuxos premiados logo bailamos e por último realizamos diversos xogos.

MAIS FOTOS NO BLOG DE 1º 2º

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS

 

A Consellería de Educación ven de publicar un PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA. Estas novas normas son de obrigado cumprimento para todo o alumado escolarizado en ensinanzas obrigatorias.

Considérase absentismo a ausencia ao centro escolar, sen causa debidamente xustificada, un máximo dun 10% do horario lectivo mensual (2 días).

Todo o protocolo pódese consultar na web do noso centro e na da Consellería de Educación, acceso directo:

http://www.edu.xunta.es/web/node/11632

CARREIRA GOTAS PARA NÍXER 2014

Como o ano pasado rematamos o curso escolar 2013/14 celebrando esta xornada deportiva, festiva e solidaria coa nosa III Carreira Gotas para Níxer dentro do programa educativo Enrédate de UNICEF.

As carreiras de Gotas para Níxer levan xa varios anos unindo nenos e nenas de centros escolares de todo o país cun obxectivo común: xuntar gotas de solidariedade destinadas ao desenvolvemento de proxectos de supervivencia infantil en Níxer, o país máis pobre do planeta.

Se picades nos seguintes enlaces podedes disfutar de dous contos moi bonitos e da canción coa que animaremos o evento este ano.

A gota de Cucho

Nimbo e a carta de Níxer

Canción: Agua

 

Dorsal y cartilla para la carrera de Gotas

 Publicado 20-06-2014

Despedimos aos alumnos/as do PROA

Esta semana despedimos aos nenos e nenas que desde xaneiro viñan participando nas clases de acompañamento e reforzo escolar que se impartían no Centro. Que mellor forma de facelo que cunha gran merendola! 

Powered by Drupal - Design by artinet