Rematamos a tempada do Horto.

Esta semana rematamos a tempada que lle adicamos ao horto. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 2º de Primaria facer a plantación de cabazas e tomates gracias a colaboración do avó e da avoa de Adrián. Agardamos que as cabazas poidan sair para ser empregadas no Samaín e Halloween. Damos as gracias @ tod@s que participastes no horto. Para o ano continuaremos co proxecto do horto, xa que tod@s quedamos encantad@s.

  

III XORNADAS DE IGUALDADE

O dia 27 de Abril do 2018 descorreron no noso centro as Xornadas de Igualdade, e xa son as terceiras. Partillamos en obradoiros de Igualdade para profesores, familias e crianzas. Foi unha xornada moi divertida e tivemos tempo para xogar ao futebol gaélico mixto e a facer un mural colaborativo que lembrará na escola esta xornada de igualdade e ecoloxía.

 

 

 

Fomos de Concerto.

Onte fomos ao Auditorio do Concello a escoitar un concerto moi especial a cargo do profesorado da Escola Municipal do Concello de Vigo. Foi unha viaxe musical por África. Moi divertida e animada, onde participamos todos cantando melodías africanas. 

  

 

VISITAMOS O PARQUE DE BOMBEIROS DE TEIS

Hoxe visitamos o Parque de Bombeiros de Teis que está preto do colexio. Moitas veces dende a escola escoitamos as sereas de emerxencia e tamén vemos as prácticas que fan subíndose as escaleiras coas mangueiras. Pero hoxe, estivemos aínda máis preto de deles, estivemos nas súas instalacións, aprendemos o que hai que facer en caso de emerxencia, subímonos a un camión, explícáronnos todos os aparellos que leven no camión e que lle facilitan moito a súa labor, e o que máis nos gustou foi botarnos pola cucaña.

  

Proxecto Educativo

Este é o novo proxecto educativo do CEIP Paraixal.

 

POXECTO DE VIVEIRO FORESTAL NA ESCOLA DO PARAIXAL.

 

Este proxecto consiste na vinculación do alumnado do Paraixal ao medio natural mediante a aprendizaxe e comprensión dos diferentes pasos que envolven o nacemento e crecemento das arbores, nomenadamente neste caso especies forestais propias do bosque autóctono galego, até o de agora foran sementadas nogueiras, castiñeiros e carballos

Dunha forma esquemática podería-se dicir que os pasos son tres

1º Sementeira de arbores autóctonos en contedores na época adecuada, esperando até o seu nacemento na primavera, unha vez que isto aconteza comenzan os coidados de rega así como o seu traslado a un lugar de mais sombra.

2º Unha vez pasado mais ou menos un ano desde a súa sementeira, as arbores superviventes( tendo en conta que algunhas ficaran no camiño) serán transplantadas a socalcos de terra na parte inferior da escola, a partir de este momento as crianzas terán que coidar novamente as arbores, novamente con o seu rego e agora con o control das herbas e plantas competidoras

3º Unha vez que as arbores alcancen unha altura a volta de un metro, a idea e levar as crianzas o monte veciñal de Teis para que elas propias planten as arbores nunha zona preparada especialmente para eles

Neste momento estamos na fase dous e dicir foran transplantadas as arbores aos socalcos, non en muito tempo o ciclo completo estará en marcha e todos os anos as crianzas sementaran, transplantaran e finalmente plantaran as arbores no seu último destino, o monte veciñal de Teis

Este breve resumo explicativo non estaría completo se non se comentara aínda que superficialmente que a motivación fundamental da existencia da Comunidade de montes de Teis é a conservación e mellora de bosque do bosque autóctono de unha forma ampla, sempre vinculado isto a educación respecto e comprensión das futuras xeracións na vital importancia de cuidarmos do medio ambiente.

  

ALIMENTACIÓN SAUDABEL

Tivemos a visita de Vegalsa que nos veu ofrecer un Menú saudabel ao colexio dentro do programa "Come rico, vive san". O obxectivo é facer futuros  consumidores responsabeis e coñecedores de recetas divertidas.

 

PARTICIPAMOS NA ENTREVISTA CON DAVID AMOR E CELIA FREIJEIRO no FARO DA ESCOLA.

Este luns participamos na entrevista que se lle fixo a David Amor e a Celia Freijeiro no Faro na Escola, que se levou a cabo no Auditorio de Mar de Vigo xunto a máis de mil estudantado de Vigo. Poidemos facerlle as nosas preguntas que previamente foron redactadas e consensuadas nas clases por todos nós.

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Todo alumnado do Colexio participamos na homenaxe que se lle fai a Rosalia de Castro cada 24 de Febreiro. Dende Infantil ata sexto de Primaria recitamos poemas, fixemos murais e cantámoslle a Rosalia.

     

Powered by Drupal - Design by artinet