try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

2012-13

19-4-13 Atletismo divertido

O vindeiro 19 de  abril  celebrárase o día do Atletismo Divertido en Fene. O noso centro participa xunto co CEIP  O Ramo e CRP Jorge Juan. Será unha xornada lúdica practicando deporte. O alumnado participante é todo de E. Primaria e irán acompañados polas profesoras do centro. Alí estarán monitores especializados para controlar as diferentes probas. O lugar de celebración destas dependerá do tempo atmosférico: se chove será  no Pavillón Polideportivo da Xunqueira e se non chove no campo de fútbol artificial dos Pinares. O horario será dende as 9:50 ata as 13: 10 h.

Os buses para o traslado correrán a cargo do Concello. O alumnado terá que vir con chandal e zapatillas deportivas para poder participar nas diferentes competicións.

Distribuir contido