ELECCIÓNS MEMBROS CONSELLOS ESCOLARES
Asuntos:
Circular pais/nais de alumnos/as
XUNTA ELECTORAL
C.E.I.P.P. Os Casais
A directora deste centro e Presidenta da Xunta Electoral do mesmo, fai pública a convocatoria de eleccións dos representantes de PAIS/NAIS de alumnos/as, no Consello Escolar para a súa renovación parcial conforme ás seguintes instrucións:
Tal e como dita a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 30 de setembro do 22) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996 do 17 de outubro, redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro, corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pais/nais, dun total de 2 que debe ter o Consello Escolar. Ese representante correspondelle, nesta renovación, elexilo a través de votación, tal e como di a normativa. O outro representante de nais/pais continúa como consecuencia da súa elección no 2021.
2. A Xunta Electoral resolverá calquera dúbida que poidera xurdir.
Maniños, a 2 de novembro de 2022.
A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL
Asdo.: Lorena Mª Pita Fraga