try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

6º E.P.

Noraboa a Paula Cutrín de 6º!!! 2 premios nunha semana!

Noraboa a Paula Cutrín de todos nós polo seu traballo! esta semana levou dous premios. O 1º en Gálix co seu selfie e texto e onte gañou os Microrrelatos do Concello de Fene. A desfrutar! Merécelo!!!

 

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións (entre as que se encontra GÁLIX), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convocou o concurso “Nós lemos, e ti?”.
Subliñar en primeiro lugar a alta participación galega neste concurso, sendo a máis elevada das catro seccións do estado. Participaron no certame 143 selfies (aínda que recibimos bastantes máis, houbo que descualificar algunhas por non cumpriren as bases), as cales se distribúen nas tres categorías do seguinte xeito:
Primeiros lectores: 50. Lectores avanzados: 72. Superlectores: 21

Despois dunha dura deliberación baseada tanto na orixinalidade da fotografía como no texto adxunto, as gañadoras son as seguintes:

-Primeiros lectores (1º, 2º , 3º E.P.)
Noa Fernández Curra
(B.P.E. Antonio Odriozola, Pontevedra)

-Lectores Avanzados (4º, 5º, 6º E.P.):
Paula Cutrín Calvo
(CEIP Os Casais, Maniños-Fene. A Coruña)

-Superlectores (1º, 2º ESO):
Icía Pazos Avílez
(CPR Plurilingüe Andaina, Rutis-Culleredo. A Coruña)

Achegamos en adxunto tanto as selfies coma os textos das gañadoras.

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para as premiadas e a entidade (biblioteca e centros docentes) que presentaron os traballos.

Recibe un cordial saúdo do Consello Directivo de GÁLIX.

 

Distribuir contido