try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

3º E.P.

Saída micolóxica polo entorno.

O luns 5 de novembro e acompañados por tres membros da Asociación AETNA de Maniños, realizamos unha saída polo entorno do centro para observar os cogomelos. A nosa intención  era aprender un pouco sobre estes produtos tan típicos do outono. Aprendemos que o mundo dos cogomelos está a medio camiño entre o reino das prantas e o dos animais. Que se alimentan de substancias en descomposición. Tamén nos dixeron que están conectados uns aos outros por uns filamentos que van baixo terra, por iso hai que cortalos e non arrincalos, para que de novo poidan volver a nacer. Cando vas na procura de cogomelos, debes levar unha cesta de mimbre, para que as esporas poidan caer de novo na terra e den lugar a novos cogomelos. Aprendemos tamén que hai algúns moi velenosos e tóxicos e que polo tanto hai que ter moito coidado cando os colles. Despois desta saída tan ilustrativa os membros de AETNA fixeronnos unha exposición no cole para que seguisemos aprendendo cousas do mundo dos cogomelos.

 

Por todo iso dámoslles as grazas.

Distribuir contido