Celebración do Magosto 2013

 

Á espera de que mellorara a climatoloxía finalmente puidemos celebrar o magosto o pasado mércores, 5 de novembro.

Asistimos á proxección dunha película previo "abono" da entrada cun tapón de plástico, dentro da campaña de reciclaxe solidario que levamos a cabo na escola. Esta película tamén serviunos para traballar contidos do proxecto interdisciplinar da biblioteca que levamos a cabo este curso.

E como non, non podían faltar as castañas que tan xenerosamente aportaron os nosos alumnos e que foron moi ben asadiñas polo mestre Pepe. Ademáis houbo xogos divertidísimos no polideportivo que estiveron perfectamente coordinados polos alumnos de 6º.

 

Podedes ver máis fotografías na galería de imaxes.