Concurso "Os Ferreiros de Riotorto"

 

 

Os alumnos de 6º curso acadaron o terceiro premio no I Concurso "Os Ferreiros de Riotorto". O traballo co que se logrou este premio trataba sobre as costumes e medios de traballo dos ferreiros de Riotorto.

Os concursantes premiados foron agasaiados  cunha visita didáctica ao Mazo da Fraga na que puideron disfrutar cunha demostración dos ferreiros, un obradoiro de xoguetes tradicionais e un picnic.

Na nosa Galería de Imaxes podedes atopar fotos desta visita.