PRESENTACIÓN

 

Ola nenos, nenas e familias!

 Debido ao confinamento e a esta causa excepcional que nos está tocando vivir, darémonos conta do que realmente é importante, do que temos que valorar, querer e coidar nesta vida.

A creación deste blogue nace coa intención de ofrecervos un espazo musical co que poder amenizar este período. Tamén pretendo que participando destas actividades poidades repasar os contidos traballados ata o de agora.

Espero voltar a vernos pronto pisando as aulas do CEIP O Cantel. Significará que voltamos a normalidade.

Bicos e apertas.