Skip to Content

MEDIDAS DO CEIP PLURILINGÜE DE OCA CON MOTIVO DA PARALIZACIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA.

 

Prezadas familias,

O Presidente da Xunta de Galicia, o día 12 de marzo de 2020, anunciou entre as medidas a adoptar fronte a alerta sanitaria polo coronavirus COVID-19, que a partir do día 16 de marzo os centros quedarán pechados por un período de 14 días naturais, podendo ser prorrogables.http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Como consecuencia disto, quedan suspendidas todo tipo de actividades lectivas en todos os centros educativos. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, o comedor, o transporte con independencia de quen sexa o organizador de ditos servizos.

Segundo as previsións establecidas ata o momento, a data provisional de retorno ao centro educativo é o 30 de marzo de 2020. De haber modificacións seredes informados a través da páxina corporativa do centro e a través da aplicación tokkap.

En relación ás novas instruccións de hoxe día 13 de marzo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550 está previsto que o profesorado se vaia poñendo en contacto coas familias e alumnado de xeito telemático, para poder seguir facendo un seguimento das actividades, traballos e dúbidas que poidan xurdir e teña a menor repercusión posible na marcha do curso. Prego paciencia e comprensión por parte das familias ante esta situación extraordinaria para todos/as.

A dirección do centro está a vosa disposición ao igual que o claustro de mestres do centro, para calquera dúbida ou aclaración.Lembro os datos de contacto do centro:

-Correo corporativo:ceip.oca@edu.xunta.es

-Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoca/

 

Agradecezo a vosa comprensión e apelo á serenidade e á prudencia recomendada por todas as institucións.

Recibide un cordial saúdo.

AdxuntoTamaño
SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA..pdf345.82 KB


book | by Dr. Radut