Skip to Content

Actividades 2023/2024

Xa degustamos os nosos amorodos!

Ao acondicionar o horto levamosnos unha grata sorpresa.... XA TEMOS AMORODOS!

Os nenos de infantil foron os encargados de ir a recoller os amorodos, e non creades que os comeron eles, tamén compartiron con outras aulas do cole.

Estamos agardando poder ir a por mais...

Acondicionamento do horto

Agora que o tempo deunos unha tregua, aproveitamos para acondicionar o noso horto, e tan pronto como sexa posible, faremos a plantación. 

Este ano, intentaremos crear un horto multicultural, con productos que se cultivan na nosa zona, pero provintes dos 5 continentes, relacionando asi o fio conductor do centro co noso querido horto.

Obradoiro de pilabot

O pasado 5 de marzo, tivemos a sorte de recibir un obradoiro sobre os distintos tipos de pilas e as consecuencias medioambientais de non tirarlas nos contenedores específicos de recollida de pilas.

E concluíu o taller cun kahoot interniveis sobre a temática traballada.

Moitas gracias polo obradoiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut