Skip to Content

Charla informativa sobre o cancro

Esta semana, o alumnado de primaria do CEIP O Areal participou nunha charla informativa sobre o cancro e medidas preventivas. Durante a sesión, abordáronse conceptos clave sobre esta enfermidade, as súas causas e factores de risco. Ademais, compartíronse recomendacións prácticas como: manter unha dieta equilibrada, facer exercicio regularmente, protexerse do sol e evitar o consumo de substancias nocivas. Esperamos que esta experiencia motive ao alumnado a promover hábitos saudables.



blog | by Dr. Radut