LIMPEZA DO PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

Curso 23-24

O alumnado de 5º e as eco-patrullas xa puxeron a proba a nosa nova adquisición, unhas pinzas que facilitan a labor de recollida de lixo.

Cada ano temos o mesmo problema,  as gaivotas, que nos visitan na hora do recreo sacan das papeleras os papeis, plásticos e restos orgánicos en busca de algo de comida.

A gaivota é un paxaro típico da zona. Invitámosvos a investigar máis sobre elas xa que son parte da nosa biodiversidade.

E de vez en cando facemos unha recollida. Nesta ocasión tocoulle ao terceiro ciclo.