Aliméntate ben

RESTAURANTE TAPERÍA “LA DE MANU”

Os cativos de 2º tiveron a sorte de ser convidados por Manu Garrido ao seu restaurante “La de Manu”, un exemplo a seguir na nosa zona, tanto no persoal coma no laboral. Manu aparte de ser o dono dun dos restaurantes máis visitados da zona de Tui, proclamouse o ano pasado campión do mundo de piragüismo na modalidade maratón en C1 en Ponte de Lima.

Ninguén mellor ca el, coma bo deportista de élite, para contarnos de primeira man os segredos dunha alimentación saudable, premisa que leva a cabo no seu restaurante cada día.

O alumnado de 2º, despois de montar o seu supermercado, no que investigaron e traballaron sobre todo o relacionado coa boa alimentación, culminaron o seu proxecto cunha clase maxistral impartida por Manu Garrido e cunha receita deliciosa que degustaron todos xuntos.

▷ Cocineros y Chefs: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ...25 ideas de Gif de cocineros | dibujos de cocineras, pintar en tela,  pintura en tela