Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

Mércores 15  de Xuño 2022.

 O pasadp mércores día 15  de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago en barco e en tren turístico, para todo o alumnado de 2º.  Consistiu nun paseo pola cidade de Tui, ruta en barco polo Río Miño e volta ao centro educativo en tren turístico.


Moitas grazas ao Concello de Tui, Eurocidade, Hemisferios, tren turístico, por facer posible que o noso alumnado poidera gozar de esta experiencia fascinante.