PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE VOZ NATURA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES DE VOZ NATURA

Curso 2021-22

Dende Voz Natura queremos ofrecervos a toda a comunidade educativa unha proposta de actividades para levar a cabo nas aulas, ou en familia.

Este ano Voz Natura xunto ao noso proxecto de centro, "Naturalíza-T", invítanos a aproveitar todas as posibilidades que nos ofrece a natureza, que son infinitas. Deste xeito contribuiremos a coidar o planeta e non xerar máis lixo, posto que todo o elaboraremos con materiais inofensivos para a Terra  e o medio ambiente.

Se vos animades a realizar algún destes talleres, gustaríanos recibir as vosas fotografías para amosalas nesta mesma páxina.

 

Animádevos!!

 

1- TALLER DE PINTURAS ECOLÓXICAS.

Neste taller ensinaremos aos pequen@s a elaborar pintura con alimentos. O video danos algunhas ideas, pero seguro que vos coñecedes máis.

 

 

 

2- TALLER DE DEBUXOS CREATIVOS.

Neste taller poden elaborar de xeito autónomo e creativo diferentes debuxos con follas, flores...

 

3- TALLER DE ANIMAIS.

Con piñas, ramas, follas, carozos... pódense facer moitos tipos de animais.

 

4- TALLER DE INSTRUMENTOS MUSICONATURAIS.

Seguro que os vosos avós neste taller vos poden botar unha man, pedídelle axuda, é moi posible que na súa infancia fixeran algúns.