Skip to Content

Monthly archive

AVANZAMOS NA NOSA HORTA

O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou plantado de sementes o martes 7 de marzo de 2023 : chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones. 

(preme nas imaxes para máis información)

   

MANUALIDADES RECICLADAS

AGASALLO PARA OS AFILLADOS

Curso 22-23

Antes de marchar de vacacións de Pascua, os nenxs de 3ºP fixeron un coello con  ovos de chocolate, feito con materiais reciclados ( botellas de plástico). 

Leváronllos aos seus afillados de 4 anos. Eles tamén tiñan unha sorpresa preparada para os seus padriños, uns regaliños de chocolate.

Pasárono xenial!!

 

 

Aliméntate ben

Semana da Educación en Tomiño.

6-9 febreiro.

Do 6 ao 9 de febreiro, levouse a cabo no Concello veciño de Tomiño a Semana da Educación é ciencia. Unha clara aposta de este concello pola formación de mestres e familias.

Mestres coordinadores do Plan Proxecta+ Aliméntate ben, estiveron nestas xornadas. Mostrando especial interese, na ponencia de José Manuel López Nicolás: Alimentos do século XXI: verdades e mentiras.

José Manuel abordou diversidad de temáticas alimentarias. Alimentos saudables, publicidade, aditivos, etc..

Aliméntate ben

Excursión Acuario do Grove.▷ Delfines: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

6-Xuño-2023

Educación Infantil.

O alumnado de Educación Infantil realizou o día 6 de xuño de 2023, unha visita ao acuario do Grove, como visita final do proxecto do mar, levado a cabo na escola. Alí viron os peixes, as súas especies e fixeron moitos xogos divertidos.

Tamén tivemos oportunidade de ir ver o mar e ter contacto coa area. Pasárono moi ben.

Deporte na escola

Club Balonman Tui : sitio oficial del club de balonmano de Tui - clubeoPromoción de BalonmánBALONMANO – Disciplina de alta competitividad, donde se enfrentan 2 equipos  de 6 jugadores y 1 portero con el fin de quien haga mas goles es el que  gana el encuentro.

Mércores de setembro de 2023.

O mércores 13 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Martín e varios xogadores coñecemos o Club Balonmán Tui que adestra no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar.

Moitísimas grazas equipo.

 

Sendas e Rutas con Encanto para facer no verán en familia

Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Tui.

Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Aquí vos deixamos algunhas, pinchade na senda que queirades visitar:

Sendas do Monte Aloia: 

•   Senda dos Muíños do Tripes: 

•  Senda do Río Lagartón:

 ·  Senda da Pedra Santa: 

 


Campo a Través

▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!CAMPIONATO PROVINCIAL ▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS! DE CAMPO A TRAVÉS.

Parque de Castrelos ( Vigo)

12/02/23

 O pasado, domingo 12 de febreiro de 2023, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, no circuíto do Parque de Castrelos en Vigo. Un espazo natural dentro de Vigo, cunha riqueza vexetal e paisaxística incrible.

O CEIP Nº2 participou na proba co equipo Alevín Feminino ( alumnas de 4º e 5º), co equipo Alevín Masculino ( alumnos de 4º e 5º), co equipo Benxamín Feminino ( alumnas de 2º e 3º) e co equipo Benxamín Masculino ( alumnos de 2º e 3º). 

 

Moitísimas grazas a todas as familias que hoxe estiveron en Castrelos, pola súa axuda e polo seu apoio a estes grandes atletas. Noraboa a todos os participantes, especialmente aos do CEIP Nº2 de Tui e Agrudebam que representaron ao Baixo Miño, nunha proba onde estaban os mellores corredores de toda a provincia de Pontevedra.

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O pasado mércores 1 de marzo,  tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. 

Unha xornada estupenda onde a deportividade entre os participantes asistentes foi a tónica a destacar.

Aquí vos damos conta do contentos que viu o noso alumnado coas súas medallas, despois dunha tarde intensa de bádminton.

Carreira Popular de San Telmo 23

  O pasado sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  

(Preme na imaxe para acceder a toda a información de Deporte escolar)


by Dr. Radut